jueves, 30 de mayo de 2013

REALIDADE AUMENTADA

No Taller TIC desta semana coñecimos uns novos códigos, os códigos ou marcadores RA.


 Para poder lelos empregamos outra ferramenta TIC á nosa disposición no recuncho de BIBLI@TIC, a cámara web.


Con este código, a cámara web e unha aplicación do Museo de Historia Natural de Londres, puidemos ver a un NEANDERTHAL camiñando pola nosa aula.
 
Tentamos tocalo pero non foi posible, cousas da REALIDADE AUMENTADA!
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario